jueves, 19 de enero de 2012

Este martes, 17 de xaneiro, o alumnado do ENDL e os colaboradores deste equipo fixeron traballos para a revista Axiordo. Puxeron a noticia sobre o Festival de Nadal incluindo os debuxos dos tres reis magos de Abrahan Mayán e Pablo Otero Vázquez, de 4º de ESO. Falta por poñer as fotos deste festival.
Tamén se seleccionaron dúas fotos da viaxe a Guadalajara do alumnado de 5º e 6º de Primaria. Falta poñer o texto sobre esta viaxe, farano o alumnado de 5º ou 6º de Primaria o vindeiro martes.
Así mesmo mandeilles facer un traballo sobre as enerxías renovables e o medioambiente para incluír na revista.
Pedro e Kevin aínda non comenzaron coa sección de deportes do colexio. Eles son os encargados desta sección. Dixeron que comenzarán cando remate a liga de baloncesto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario